Despois da interrupción provocada pola pandemia, regresa a Brión o Encontro coa Arte, unha actividade de dinamización e difusión das belas artes que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xuño.
O Festival de Arte urbana con perpectiva de xénero, organizado por 7H Cooperativa Cultura, volve a celebrarse na comarca de Compostela por cuarta vez no mes de xuño.
O Val da Amaía recupera neste 2022 as probas equinas coa celebración do Concurso de Saltos Nacional dúas estrelas e o Concurso Completo de Equitación nunha localización como Rañalonga onde anos atrás se celebraban as probas da tradicional Festa do Cabalo.
Os Concellos de Brión e Ames, xunto á Deputación da Coruña, organizan os días 10 e 11 de xuño a segunda edición de “Altamira Brilla”, un evento que conmemora a histórica batalla de Altamira.