OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS NA INFANCIA
Dende o de partamento de Servizos Sociais do Concello de Brión en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organizamos este obradoiro práctico para adquirir coñecementos básicos e resolver dúbidas sobre actuacións de primeiros auxilios.
Lugar: Aula da primeira planta do Centro Social do Concello de Brión, Avda de Sta Minia, 46, Brión
Data: 9 de febreiro de 2026
Horario: 16.00 a 20.00 h
Prazas: 30
Inscricións: na páxina da Escola Galega de Saúde para Cidadáns
CONTIDOS PRINCIPAIS
• Como chamar ao 061
• Perda de coñecemento e avaliación inicial
• RCP básica e atragoamento
• Feridas e hemorraxias
• Convulsións e crise epiléptica
• Dificultade respiratoria, queimaduras, hipoglicemia
• Reaccións alérxicas, picaduras e mordeduras
Imparte: Carlos Prados Sande, DUE asistencial, FPUS 061 Galicia