01-12-2023
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

OUTONO CULTURAL 2023 | MÚSICA | RAFA FERNÁNDEZ - JOSÉ SUÁREZ: SUITE PARA UNHA VIDA

Rafa Fernández presenta en Brión o recital "José Suárez: suite para unha vida"

Xénero: Recital musical | Público adulto

Data: venres, 1 de decembro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Trátase dunha composición de Rafael Fernández coa que se quere homenaxear a vida e traxectoria profesional do fotógrafo José Suárez, recoñecido internacionalmente pola súa serie 'Mariñeiros', que ofrece imaxes do peirao de Massó, a praia da Banda do Río ou de Beluso.

Guitarra eléctrica, arpa e teclado son os instrumentos nos que se basea a obra que se interpretará en directo con catro partes relacionadas coa vida do creador. A música ofrecerá atmosferas e mesmo pasaxes descritivas inspiradas nas fotografías e no momento vital que José Suárez experimentou en Bueu e na comarca do Morrazo durante a súa estancia no século XX. Leranse textos de Suárez e doutros intelectuais coo Branco Amor ou Unamuno.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Fecha Fin
2023-12-01