19-11-2022
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente

OUTONO CULTURAL 22 | O PORCO DE PÉ

Producións Teatrais Excéntricas presentan en Brión a obra "O porco de pé"

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A pandeguísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaret, ten hoxe mais vixencia que nunca.
Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Para dar vida á galería zoolóxica contamos con tres fenómenos: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Na plástica, o fantástico Carlos Alonso, no mundo sonoro, o ventrílocuo Piti Sanz, na luz, o acróbata Octavio Mas, e na dramaturxia a besta das dúas cabezas: Pepe Sendón e Quico Cadaval.

Data e hora: Sábado 19 de novembro ás 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

 

 

Fecha Fin
2022-11-19