OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO I "Os veciños do lado" de Fauna 113
O grupo de teatro Fauna 113 presenta en Brión a obra "Os veciños do lado"
Sinopse:
María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non todos temos algo que ocultar?
Tódolos públicos | Comedia
DATA: sábado, 22 de novembro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Máis información sobre a obra na FEGATEA
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-11-22