OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO | PICO DO CASTRO: Trato a cegas
O grupo de teatro Pico do Castro de Foz presenta en Brión o espectáculo "Trato a cegas"
Unha obra orixinal de Eugenio Charlton e Manuel Sánchez.
Xénero: comedia | Publico infantil e adulto | Duración aprox.: máis de 50 min.
Sinopse:
O tío Prudencio e máis Freitoso son dous cegos, con perdón do tópico, con moita vista, en máis dun sentido. Dedícanse a percorrer vilas e aldeas tratando de gañar un anaco de pan para comer, dunha forma dura mais seguramente moito máis honrosa que a que desenvolven outros que gozan de mellor prestixio social. Tras reencontrarse, ambos personaxes comparten anécdotas da súa traxectoria vital, que moven a rir mais tamén denotan unhas condicións de vida ben sacrificadas, e o feito de que o mundo cambiou bastante pouco nos máis de cen anos desde que os lendarios Charlón e Hermida crearon e estrearon a obra orixinal. Todo cambiou… mais non cambiou nada.
Elenco: Juan José Villarino Calvelo, Juan Ramón Villarino Neira
DATA: sábado 17 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala
Máis información na FEGATEA