20-11-2026
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | Teatro | IBUPROFENO: Bio construción

A compañía Ibuprofeno Teatro presenta en Brión o seu espectáculo "Bio construción"
Unha obra de Santiago Cortegoso.

Dirección e elenco: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso | Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos

Xénero: Comedia con música en directo | Público adulto (+12 anos) | Duración: 80 min.

Sinopse:

Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. 

DATA: venres 20 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.

Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-11-20