OUTONO CULTURAL | Teatro | IBUPROFENO: Bio construción
A compañía Ibuprofeno Teatro presenta en Brión o seu espectáculo "Bio construción"
Unha obra de Santiago Cortegoso.
Dirección e elenco: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso | Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos
Xénero: Comedia con música en directo | Público adulto (+12 anos) | Duración: 80 min.
Sinopse:
Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
DATA: venres 20 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.
Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña