05-01-2024
     
Día 5 de xaneiro de 2024
Parróquias do Concello de Brión

VISITA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS

As súas maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán Brión o venres 5 de xaneiro de 2024

Como ven sendo habitual os últimos anos, efectuarán un percorrido por todas as parroquias do Concello de Brión nun autobús de época. En cada parada do itinerario, realizarán unha audiencia para que as crianzas de Brión poidan coñecer ás Súas Maxestades e falar con eles durante uns minutos. Un momento máxico para entregar as cartas coas peticións de agasallos de última hora.

ITINERARIO

1ª parada            LOCAL SOCIAL DE CORNANDA - 10:15 h.
2ª parada            ADRO DA IGREXA DA LUAÑA - 10:45 h.
3ª parada            ADRO DA IGREXA DE VICESO - 11:30 h.
4ª parada            ADRO DA IGREXA DE ONS - 12:30 h.
5ª parada            PARADA DO TRANSPORTE ESCOLAR DE TEMBRA - 13:15 h.
6ª parada            ADRO DA IGREXA DE BASTAVALES - 16:30 h.
7ª parada            CONTORNA DA IGREXA DE SAN SALVADOR - 17:30 h.
8ª parada            CAMPO DE SAN RAMÓN NO TREMO - 18:15 h.
9ª parada            ADRO DA IGREXA DOS ÁNXELES - 19:15 h.
10ª parada          CARBALLEIRA DE SANTA MINIA EN BRIÓN - 20:15 h.

* Os horarios que se mostran son orientativos, ao longo do día poden sufrir variacións que, en todo caso, se irán informando coa debida antelación.

#unnadalenbrion
#brionsenirmaislonxe

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-01-05