29-11-2022
     

XXXII CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2022

PARTICIPANTES
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Brión, que cursen Educación Infantil ou Primaria, cun único traballo por autor/a.

DATA E LUGARES DE PRESENTACIÓN
As tarxetas poderán presentarse ata o 22 de decembro no CEIP de Pedrouzos, nas Escolas de Educación Infantil ou na Casa da Cultura de Brión.

PREMIOS
Tres premios individuais para cada Escola de Educación Infantil: Vales para libros, xogos ou material escolar
Tres premios individuais para cada Ciclo de Educación Primaria: Vales para libros, xogos ou material escolar
O fallo do xurado emitirase o 5 de xaneiro de 2023, reservándose o dereito a declarar algún premio deserto se o estimase oportuno.

Fecha Fin
2022-12-22