APROBACIÓN DE BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE

Resolución da alcaldía de aprobación das bases e a convocatoria de concurso-oposición para a cobertura temporal da praza de Axente de Igualdade interino/a.

A convocatoria ten por obxecto a selección de persoal funcionario interino para a execución dun programa de carácter temporal, cuxa finalidade é a realización de accións de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero, subvencionadas ao abeiro da resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento do persoal técnico ou axentes de igualdade no ano 2022 (FOAI/2022), de data 20 de abril de 2022, da Deputación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación de instancias de 10 (dez) días hábiles iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (04/08/2022).