03-12-2022
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente

OUTONO CULTURAL 22 | MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA

Talía Teatro presenta en Brión "Morte accidental dun anarquisa"

Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.

Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey, Marta Ríos

Comedia. Público adulto.

Data e hora: Sábado 3 de decembro ás 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente.

Entrada de balde ata completar aforo.

Fecha Fin
2022-12-03