25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
O Concello de Brión presenta o seu programa de actividades arredor do 25 de novembro, centrado en dous obxectivos principais:
- 
	Difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos dispoñibles para facer fronte ás distintas formas de violencia machista. 
- 
	Poñer o foco na reparación e no encontro entre mulleres de todas as idades. 
Haberá obradoiros, relatorios, teatro e andainas, con actividades gratuítas que convidan á reflexión e á acción colectiva.
As prazas son limitadas e cómpre inscrición previa no teléfono 981 509 910 ou a través do formulario: https://forms.gle/8WVh6F9HX4cRj9th6
O espectáculo teatral conta con inscrición na billeteira: billeteira.concellodebrion.gal
Brión únese un ano máis á loita pola eliminación da violencia contra as mulleres.
 
        
    