O Obradoiro de Emprego Dual “RENOVA VERDE” configúrase como un programa experiencial de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
Este programa está subvencionado ao amparo da Orde do 14 de novembro de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR353A), publicada no DOG núm. 228, do 25 de novembro de 2025, e promovido polos concellos de Ames e Brión.
Respéctase o establecido na Resolución de concesión da subvención, de data 17 de abril de 2026, notificada no mesmo día e con núm. de expediente TR353A-2025/000080-1, e na circular recibida o 20 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, coas instrucións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio, así como do alumnado-traballador dos obradoiros duais de emprego e dos programas de formación-emprego talento mozo. Convocatoria 2026-2027