O DESCANSO DA GUERREIRA
O Concello de Brión organiza o obradoiro “O descanso da guerreira” dentro da programación polo 25N
O Concello de Brión convida ás mulleres a participar no obradoiro “O descanso da guerreira”, un espazo de conexión feminina e autocoidado impartido pola bailarina e terapeuta Martha Franco. A actividade, que forma parte da programación arredor do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, celebrarase en cinco sesións semanais a partir do martes 4 de novembro, de 11:00 a 12:30 horas, no Centro Social Polivalente.
Durante as sesións, as participantes aprenderán ferramentas para mellorar o seu benestar e calidade de vida, como técnicas de automasaxe, respiración, movemento, estiramentos, nutrición e xestión emocional.
A actividade é de balde, mais require inscrición previa no teléfono 981 509 910, no correo sabela.losada@concellodebrion.gal ou a través da ligazón https://forms.gle/95dTWUJzE3ToT1cSA
As prazas son limitadas.