06-02-2026
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2026: "Contando o humor con Siro" con Polo Correo do Vento

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración, unha efeméride impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración -AGPI- e a Xunta de Galicia para render homenaxe a figuras clave da ilustración galega contemporánea.

En 2026 vai ser Siro López Lorenzo o autor homenaxeado. Para celebralo, a biblioteca municipal desexa convidarte a unha actividade moi especial que combina narración oral e debuxo en vivo a cargo dos amigos de Polo Correo do Vento: "Pintando o humor con Siro".

DATA: venres, 6 de febreiro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Actividade para público infantil/familiar
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información no blog da biblioteca

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-02-06