14-07-2026
     
De 9:00 a 14:00h.
Casa da Cultura

ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 26·27

O Concello de Brion ven de publicar a súa oferta de actividades culturais e deportivas para o curso 2026 · 2027. A programación pode consultarse nos anexos situados ao pé desta publicación.

Inscricións: Do 14 de xullo ao 14 de agosto, presentando o formulario de inscripción cuberto por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Brión. Estas tamén se poden entregar de xeito presencial na Oficina de Rexistro da Casa do Concello. Tamén se poden presentar a través de calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP. 

> Solicitude de inscrición telemática en escolas culturais municipais
> Solicitude de inscrición telemática en escolas deportivas municipais

No caso de querer solicitar a inscrición en mais dunha actividade cubrirase un so formulario de inscrición.

Inicio das actividades: 1 de Outubro de 2026

Mais información: Casa da Cultura, tfno. 981 50 99 08 (de 9:00 a 14:00h.) ou ben enviar un correo electrónico aos enderezos  cultura@concellodebrion.gal ou deportes@concellodebrion.gal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-08-14