IV FESTIVAL DO CINE GALEGO "O TREMO". FILME: SAN SIMÓN
Haberá unha charla con Miguel Ángel Delgado (director) e Flako Estévez e Tartán (actores principais)
Sinopse: A historia sitúase en outubro de 1936. O réxime de Franco crea máis de trescentos campos de concentración por toda España: conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros e outros espazos «pechados». San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Sete anos despois, Lamas, un preso da illa, lembra a historia dos homes e mulleres que, como el mesmo, sufriron a represión neste pequeno enclave da costa galega.
Teléfono da organización: 649 80 89 03
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE DOCE ANOS
Entradas de balde: billeteira.concellodebrion.gal