O venres 25 de novembro Brión celebrou a súa tradicional festa do Magosto. Un evento que reuniu na Carballeira de Santa Minia a unha numerosa veciñanza que tivo a oportunidade de saborear castañas, acompañadas de bebidas, churros e chocolate.
O Concello de Brión xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, está traballando na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (período 2023-2027).