De acordo co establecido nas normas que regulan a convocatoria de acceso ás “ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN E DE LECER PARA O VERÁN 2025 DO CONCELLO DE BRIÓN”, publícanse as listaxes de persoas admitidas e persoas que non obteñen praza nas actividades.
RECORDAMOS que toda a información sobre esta convocatoria podedes atopala na seguinte ligazón: https://i.gal/PKATb
Por esta alcaldía con data 20 de setembro de 2024 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de concurso - oposición para a praza de oficial I - condutor, incluída na oferta de emprego público do concello de 2024.
O prazo de presentacion de instancias será de vinde (20) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Os Concellos de Brión e Ames poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
En relación á convocatoria de prazas para a participación nas actividades de Concilia Pascua 2025 do Concello de Brión, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e persoas que non obteñen praza na actividade.
Con motivo da celebración da proba ciclista O Gran Camiño, The Historical Route, o Concello de Brión informa de que se producirán cortes puntuais de tráfico o domingo 2 de marzo, entre as 12:15 e as 14:30 h., nas zonas do noso municipio por onde discorre a proba: O Tremo (Avenida de Vicente Ramos ata a rotonda de Os Ánxeles), da AC-304 á rotonda da AC-300, pasando por Estrar, Perros, Soutullos e San Salvador de Bastavales, onde os ciclistas xirarán cara Bastavaliños, Soigrexa, Bemil e Osebe.
Por mor da celebración do Entroido, o tráfico rodado terá restrinxida a súa circulación nos lugares indicados entre as 16:00 e as 19:00 h.
Tamén estará prohibido estacionar e circular dende as 9:00 ata as 22:00 h. nas inmediacións da Residencia Servisenior Brión (Comprobar zona no plano adxunto).
Rogamos á veciñanza que evite o uso dos seus vehículos, salvo causa de forza maior, nos lugares e horas indicadas.
En relación á convocatoria de prazas para a participación nas actividades de Concilia Entroido 2025 do Concello de Brión, publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e persoas que non obteñen praza na actividade.
Por resolución desta alcaldía do 04.07.2024 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2024/2025 do Concello de Brión.
PRAZO ABERTO DENDE O 18/07/2024 ATA O 30/08/2024: o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2024 ás 24:00 horas.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
PARA CRIANZAS QUE NACERAN ENTRE 2012 - 2020 (inlcuídos) e teñan o empadroamento no Concello de Brión.
DATAS: 23, 24, 26, 27, 30, 31 decembro, 2, 3, 7 xaneiro
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pavillón Polideportivo Municipal de Brión
HORARIOS: de 8:00h a 15:00h
PREZO: 25€/participante