• Praza do Concello, 1 · 15865 · Brión
  • concello@concellodebrion.gal
Switch Language
  • Galego
  • Español
  • English
Portada

Main navigation

  • CONCELLO
    • Alcaldía
    • Grupo de Goberno
    • Departamentos Municipais
    • Documentación municipal
    • Portal de Transparencia
    • Cita Previa
    • Teléfonos de Contacto
  • BRIÓN
    • Avisos / Convocatorias
    • Novas
    • Territorio
    • Turismo
  • ADMINISTRACIÓN
    • Sede electrónica
    • Perfil do contratante
    • Oficina Virtual Tributaria
  • ACTIVIDADES
  • + BRIÓN
    • Revista Altamira
    • Imaxe institucional
    • APP BriónInforma
    • APP Turismo
    • APP Incidencias
    • Outras ligazóns
    • Billeteira
+ Add Listing
  • + Login
  • + Register

Avisos

Breadcrumb

  1. Portada -
  2. Avisos
  • INFORMACIÓN PÚBLICA EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DO TRAZADO DUN VIAL PÚBLICO NO LUGAR DE CAMISEIRA, A PEDREIRA

    Mediante Providencia de Alcaldía de data 28.04.2022 o Concello de Brión iniciou o expediente de modificación do trazado dun vial público, o que supón a alteración da cualificación xurídica dun tramo deste (desafectación) que discorre por varias parcelas (15013A022002000000UK, 15013A022001980000UO e 15013A022002110000UZ), no lugar de Camiseira, A Pedreira e que se permutaría por un novo tramo, que discorrería polas parcelas (15013A022001980000UO e 15013A022002110000UZ), de acordo cos planos que obran no expediente.

    [06/05/2022] Anuncio Boletín Oficial da Provincia de A Coruña nº 86 (117.75 KB)
  • INFORMACIÓN PÚBLICA EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DO TRAZADO DUN VIAL PÚBLICO
    [06/05/2022] Modificación do trazado dun vial público no lugar de Camiseira, A Pedreira (117.75 KB)
  • INFORMACIÓN PÚBLICA EXP. IN408A 2020/144. Solución de evacuación conxunta dos PPEE MARAGOUTO E BANZAS

    Acordo da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas nos Concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes, e Rois (A Coruña), (exp. IN408A 2020/144).

    [05/05/2022] Documentación relativa a Declaración de Utilidade Publica (DUP) do proxecto referenciado. (196.59 KB)
  • Plan municpal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Brión
    Cabeceira

     

    MEMORIA (1.41 MB) , PLANOS DE SITUACIÓN (1.52 MB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE OS ÁNXELES (2.91 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE OS ÁNXELES [TOTAL: 2897] (633.62 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE BASTAVALES (4.3 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE BASTAVALES [TOTAL: 3201] (686.22 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE BOULLÓN (1.24 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE BOULLÓN [TOTAL: 413] (227.89 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE BRIÓN (3.06 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE BRIÓN [TOTAL: 2443] (560.1 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE CORNANDA (1.76 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE CORNANDA [TOTAL: 440] (234.01 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE A LUAÑA (3.02 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE A LUAÑA [TOTAL: 1060] (336.98 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE ONS (1.68 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE ONS [TOTAL: 389] (225.59 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE SAN SALVADOR (2.17 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE SAN SALVADOR [TOTAL: 959] (317.22 KB) , CARTOGRAFÍA DAS FAIXAS SECUNDARIAS DE XESTIÓN DE BIOMASA DA PARROQUIA DE VICESO (2.37 MB) , RELACIÓN DE FINCAS AFECTADAS NA PARROQUIA DE VICESO [TOTAL: 766] (286.86 KB)
  • CONVOCATORIA DE PRAZA DE ARQUITECTO/A INTERINO/A

    É obxecto desta convocatoria a selección, polo procedemento de concurso, dun/a arquitecto/a, encadrado na escala de administración especial, subescala técnica, pertencente ao grupo A, subgrupo A-1, cun nivel de complemento de destino 26, a xornada completa, de conformidade co disposto no art. 10.1.a) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, pola existencia de praza vacante ao non ser posible a súa cobertura por funcionario de carreira, por un prazo máximo de tres anos.

    [10/03/2022] Bases da convocatoria (98.86 KB) , [16/03/2022] Lista provisional de persoas aspirantes admitidas e exlcuidas (160.29 KB) , [22/03/2022] Lista definitiva de aspirantes admitidos e excluidos e nomeamento dos membros do tribunal cualificador (160.17 KB) , [29/03/2022] Constitución do tribunal, puntuación da fase de concurso, convocatoria de sorteo público e proposta de nomeamento (100.53 KB) , [01/04/2022] Acta do sorteo público para desfacer os empates existentes nas puntuacións outorgadas polo tribunal (154.62 KB)
  • Labouras de xestión de biomasa nas liñas de UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. Prórroga Plán 2021

    Adxuntanse planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van realizar labouras de xestión de biomasa para que se publiquen no tablón de edictos do Concello e a efectos de que os propietarios dos terreos, si é do seu interese, poidan executalas previamente.

    [29/03/2021] Escrito (373.45 KB) , [29/03/2021] Mapa afección Concello de Brión (7.18 MB)
  • AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA URB. MONTE DEVESA

    A empresa concesionaria informa do seguinte AVISO DE CORTE

    Debido aos traballos de reparación na rede de abastecemento de auga potable o vindeiro martes día 22/03/2022 entre as 15:00 e as19:00horas procederase ao corte de subministro na URBANIZACIÓN MONTE DEVESA

    A rede considerarase en presión a todos os efectos por se os traballos rematasen antes da hora prevista.

    Rogamos desculpen as molestias que se poidan ocasionar.

    Telefono de emerxencias 639 671 172

    [18/03/2022] Nota de aviso de corte do subministro (198.16 KB)
  • CONVOCATORIA DA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN LOCAL INCLUÍDA NA OEP DE 2019

    Convocatoria da praza de técnico de administración local incluída na OEP de 2019.

    18.05.2021. Bases da convocatoria. (138.45 KB) , 23.09.2021 Lista provisional de admitidos e excluídos. (96.83 KB) , 02.11.2021. Lista definitiva de admitidos e excluídos, nomeamento de tribunal e convocatoria para a realización do 1º exercicio. (108.87 KB) , 11.11.2021. 1º Exercicio da convocatoria (349.91 KB) , 11.11.2021. Plantilla de respostas do 1º exercicio da convocatoria (70.27 KB) , 12.11.2021. Acta 2ª: Notas correspondentes ao 1º exercicio e convocatoria para a realización do 2º exercicio o día 01/12/2021 (111.02 KB) , 26.11.2021. Acta 3ª: Resolución de alegacións ao 1º exercicio (54.12 KB) , 02.12.2021. Acta 4ª. Convocatoria para a lectura do 2º exercicio (101.65 KB) , 10.12.2021. Relación de aprobados do 2º exercicio e convocatoria para a realización do 3º exercicio (143.5 KB) , 29.12.2021. Relación de aprobados do 3º exercicio e convocatoria para a realización da fase de concurso (109.64 KB) , 18.01.2022. Valoración da fase de concurso, ordenación da lista de agarda e proposta de nomeamento como funcionaria (357 KB) , 03.02.2022. Decreto de nomeamento de funcionaria de carreira (150.58 KB)
  • LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NA ESCOLA INFANTIL (COMISIÓN EXTRAORDINARIA DE DECEMBRO)

    Lista definitiva de nenas/os admitidas/os e non admitidas/os na Escola Infantil Municipal correspondente á comisión extraordinaria de decembro.

    LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS - ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.pdf (162.16 KB)
  • LABORES DE XESTIÓN DA BIOMASA NAS LIÑAS ELÉCTRICAS DE UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. NO CONCELLO DE BRIÓN

    En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a empresa UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. do grupo NATURGY comunica que procederá a realizar operacións de xestión da biomasa que afectarán ás fincas sobre as que pasan liñas eléctricas que atravesan o Concello de Brión.

    Mapa co trazado das liñas no Concello de Brión.pdf (7.07 MB)

Pagination

  • First page « Primera
  • Previous page ‹ Anterior
  • Páxina 1
  • Páxina 2
  • Current page 3
  • Páxina 4
  • Páxina 5
  • Next page Siguiente ›
  • Last page Última »

Últimos Avisos

  • 31/03/23
    MENÚS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2022/2023
  • 10/03/23
    PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.
  • 08/03/23
    PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA EXCEPCIONAL DE CONCURSO
  • 06/03/23
    PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA DE CONSURSO-OPOSICIÓN

PODÉMOSCHE AXUDAR?

Quere coñecer todas as novidades do Concello. Subscríbete e recibe todas as novidades de Brión no teu correo electrónico
The subscriber's email address.

Departamentos Municipais

  • Administración Xeral
  • Cultura e Deportes
  • Emprego
  • G.E.S.
  • P.I.C.
  • Policia Local
  • Servizos Sociais
  • Urbanismo

Brión

É un concello galego que se atopa a uns 13 km ao oeste de Santiago de Compostela , limita cos municipios de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Pertence á comarca de Santiago de Compostela. Ten 74,9 km2 distribuídos en 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias.

O seu relevo é ondulado con unha altura mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 535 (Monte Rubial).

Casa do Concello: Praza do Concello, 1 · 15865 · Pedrouzos, Brión, A Coruña
© Copyright Web design & developed by Plat-on.es 2021. All Rights Reserved.

AS IGREXAS E CRUCEIROS

En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello. Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela do Carme, pódese visitar as igrexas parroquiais, a maioría delas de estilo barroco, de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do edificio, adoitan acoller pezas ás veces moi valiosas coma os retablos, imaxes, ourivería, etc.

No percorrido polas diferentes parroquias tamén se pode atopar outro elemento moi importante do noso patrimonio, os cruceiros, entre os que compre destacar o de Bemil, Boullón, Vioxo de Abaixo, Goriña e Mourentáns.
 

AS TORRES DE ALTAMIRA

O monumento máis representativo do pasado histórico de Brión son as  Torres de Altamira, testemuña das numerosas liortas entre a nobreza e a igrexa. A fortaleza de Altamira ocupa o lugar estratéxico dunha acrópole castrexa, datando a súa construción, do século IX. Foi destruída polos irmandiños e posteriormente, xa reconstruída, asediada no ano 1471 polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando de Luís de Acevedo, sen moita sorte.

A fortaleza constaba de  seis torres, estancias para os donos e servidume e unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.

Pouco a pouco foi perdendo importancia para os condes e pasando de mans en mans. Xa en estado ruinoso, as pedras empregáronse para outras construcións ata chegar á actualidade, en que só quedan algúns restos do que fora unha das máis valorosas fortalezas na súa época.
 

BALNEARIO DO TREMO

No lugar do Tremo brota un manancial de augas sulfurosas das que se fai uso dende antigo para curar doenzas cutáneas, anque tamén son boas para a asma e, en xeral, para os aparellos respiratorio e dixestivo. Os veciños maiores lembran como antes era un lugar moi concorrido por persoas dos arredores, principalmente de Compostela. Ata a década dos sesenta aínda estaba en funcionamento o establecemento, pero en anos sucesivos foi quedando abandonado e cuberto pola vexetación. No soar construíuse en 1997 unha urbanización e desde o mes de abril de 2004 está funcionando o novo hotel e mailas instalacións do balneario.

Nesta mesma parroquia dos Ánxeles, entre as aldeas de Soigrexa e Estrar, existe outro manancial de augas medicinais coñecido como  Augas Ferras, situado á beira do río. A 200 metros existe outra instalación hoteleira, o Hotel Casa Rosalía.
 

CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Para os forasteiros, falar de Brión é falar de Santa Minia, a Santa mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luís Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781.

O corpo da Santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que todos os veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar.

Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e mailos altares laterais, dedicados á Virxe de Luján e á de Lourdes.

A Carballeira de Santa Minia é tan visitada como a urna da Santa. Tivo unha das mellores feiras que se celebraban na comarca, desde que fora trasladada alí a de Trasmil, en Agrón. A primeira feira celebrouse o día 30 de marzo de 1912.

Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ao levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843. Se os carballos falaran, cantas historias contarían de acontecementos importantes, de amoríos e de algunha que outra trasnada!

Á fermosura natural do lugar engadíuselle en 1913 a fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio (o deus do comercio, en referencia á feira que acababa de empezar), agasallo de Vicente Ramos. É unha grande pía octogonal que recolle a auga que botan pola boca catro cabezas de león colocadas no alto da pilastra que fai de pedestal da estatua.

IGREXA DE BASTAVALES

A arquitectura relixiosa en Bastavales está representada pola igrexa de San Xiao na que se traballa dende 1768. É de planta de cruz latina cunha única nave. Un detalle curioso é que mentres as demais igrexas están mirando cara oriente, a de San Xiao está orientada cara o occidente para, deste xeito, poder ver as torres da Catedral de Santiago dende a porta principal. É na veciña aldea de Soigrexa dende onde Rosalía oía as campás da igrexa de Bastavales: “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar mórrome de soidades”. Hoxe en día aínda se pode desfrutar do son das campás, sobre todo en días especiais, en que cun pouco de sorte podemos escoitar como o campaneiro as fai “bailar” a ritmo de muiñeira.

No entorno da igrexa atópase o monumental conxunto formado pola Capela do Carme, de estilo barroco, e o adro, “balcón da Maía”, que ofrece unha das máis espléndidas panorámicas deste Val.
 

O CASTRO LUPARIO

Situado nas proximidades da aldea de Beca (Bastavales), conta a lenda xacobea medieval que era aquí onde tiña a súa residencia a Raíña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Na actualidade pódese ver dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, os máis deles posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de largo.

Nos arredores do castro tamén se atopa a ponte do Río Tinto, de feitura romanica, probablemente construída na Idade Media, e o Santo Arandel.

Outro castro destacable no concello é o de Lamiño, primeira acrópole castrexa da zona que se estudiou e que, segundo a lenda, foi construído polos mouros e ten no seu interior unha trabe de ouro que chega ata as torres de Altamira (cun pouco de sorte, na noite de San Xoán incluso se che pode aparecer na fonte de Agradacasa unha moza cunha galiña con pitiños de ouro).
 

O ENCORO BARRIÉ DE LA MAZA

No ano 1945 rematouse o encoro Barrié de la Maza sobre o río Tambre, preto das aldeas de A Graña e Vilariño (Cornanda). Este foi o primeiro encoro de grandes dimensións que se construíu en Galicia para produción de enerxía hidroeléctrica. O edificio da central, obra dun dos arquitectos máis famosos da época, Antonio Palacios, discípulo de Gaudí, está situado a sete quilómetros. río abaixo, xa no concello de Noia.

A auga dende o encoro ata a central lévase por unha canle descuberta que discorre paralela ao río, conservándose na franxa que queda entre o río e a canle, duns 200 metros, grande variedade de arborado autóctono.

Nos anos 60 construíuse unha nova central eléctrica nas proximidades da anterior. Para conducir a auga dende o encoro ata a central perforouse un túnel.
 

OS PAZOS

Neste concello hai varios pazos entre os que destaca o de Trasouteiro. As partes máis antigas do pazo puideran datar do século XIV, pero sufriu varias reformas posteriores, sobre todo no século XVII. Como os condes non residían nel, o pazo estaba alugado por unha determinada cantidade ao ano (360 reais no ano 1762). Para este pazo viñeron varios obxectos das torres, entre eles o retablo barroco da desaparecida capela dos Reis Magos e unha artística fonte renacentista.

Un dos pazos máis interesantes do concello é o da familia Armesto, situado na aldea de Salaño Pequeno (Ons), que ademais do casal de planta en “L” conta con capela e varias construcións auxiliares.

Outro tamén habitado é o do Armental, na parroquia de Os Ánxeles, e podemos atopar no Casal (Brión) as ruínas do pazo do mesmo nome.